Estimados Alumnos/as e Pais:
Na actualidade estase camiñando cara a unha nova visión da educación, na que é preciso a colaboración entre familia e escola. Demándase unha nova comprensión sobre o rol dos distintos estamentos da comunidade escolar, establecendo entre pais/nais e profesores, educadores ambos, a necesidade de buscar puntos de encontro nun proxecto educativo común, baseado na comunicación e a mutua confianza.
Con este sitio web, queremos incidir nesta finalidade, favorecer o coñecemento da actividade do centro. Aportar información a pais e alumnos, sobre as actividades, procedementos e funcionamento cotiá do colexio ó longo do novo curso escolar.
Queremos que, este sitio web sexa unha guía de consulta habitual que, de maneira clara, atractiva e precisa, facilite respostas e recursos para a vosa participación. Un saúdo, A Dirección.
|
|