Compañía de María - Santiago de Compostela 



 
Inicio arrow Historia do centro
 
 
 
Menú principal
Inicio
Carácter Propio da Compañía de María
Historia do centro
Localización
Obxectivo xeral
Oferta educativa
Xestión do centro
Horarios do Centro
Calendario Escolar
Avaliación
Actividades complementarias e extraescolares
Regras e acordos de convivencia
Participación dos pais
Servizos
Galería de imaxes
Menú Comedor
Tradutor Español-Galego
Circulares e Documentos
Grupos Lestonnac
Asociación de Nais e Pais de Alumnos
ENDL
 
 
Historia do centro
O Convento da Enseñanza foi fundado o 2 de novembro de 1759.

Fundador

A súa orixe está na vontade testamentaria de Don Mateo Vázquez, natural de San Pedro de Présaras (Galicia), residente e morto en Perú en 1744. Nun testamento deixou 100.000 pesos destinados a unha fundación en Santiago de Compostela, de Carmelitas ou Capuchinas.

Albacea

Don Valentín Sánchez Boado,  o seu primo e albacea trouxo a Santiago os 100.000 pesos pero atopouse  con que xa estaba en marcha a fundación dun monasterio de Carmelitas e que existía outro de Capuchinas. En vista disto decidiu fundar un Convento de Enseñanza.

Fundadoras

Chegan en novembro de 1759. Hospédanse no antigo hospital de San Benito del Campo (hoxe Pza. de Cervantes) e alí estiveron ata 1765. Veñen da Casa de Tudela.

Problemática

Despois de varios pleitos, o Real Consello de Castilla fallou a favor de Don Valentín e aprobouse o seu proxecto de fundar un convento de relixiosas de Enseñanza, e obtívose tamén a aprobación do Papa Benedictino XIV e do prelado compostelano Don Bartolomé Rajoy Losada.

Esta fundación tivo carácter de patronato ata 1900.

Primeira Pedra   

Púxose a  primeira pedra o 10 de maio de 1760. Bendicen a capela provisional o 26 de outubro de 1765. O 24 de marzo de 1770 ten lugar a bendición da igrexa actual.

No século XIX a cargo de Don Rafael Múzquiz y Alduante (1801-1821) terminouse a igrexa e a parte de clases que dan a poñente, por iso, os seus escudos vense pola parte posterior da igrexa e na fachada do edificio.

No tímpano hai tres esculturas: A Asunción e os Arcánxeles Rafael e Gabriel de José Pernas. O escudo representa as armas do arzobispo de Múzquiz.

Novo pavillón

O novo pavillón de ampliación, construído para dormitorio de internas,  iníciase cos proxectos de obra en 1917 e en 1919 comeza a utilizarse.

Colexio Maior

As obras do edificio destinado a Colexio Maior, hoxe empregado como residencia MM. Maiores comezan en 1959.

Polideportivo

En 1970 empézase a pensar na súa construcción. Os diferentes plans de Urbanismo impiden a súa realizaciñón ata 1995. A obra remata en 1997.

Noticias
Usuarios
Nombre de usuario

Contraseña

Recordarme
Olvidó su contraseña?