Compañía de María - Santiago de Compostela 



 
Inicio arrow Obxectivo xeral
 
 
 
Menú principal
Inicio
Carácter Propio da Compañía de María
Historia do centro
Localización
Obxectivo xeral
Oferta educativa
Xestión do centro
Horarios do Centro
Calendario Escolar
Avaliación
Actividades complementarias e extraescolares
Regras e acordos de convivencia
Participación dos pais
Servizos
Galería de imaxes
Menú Comedor
Tradutor Español-Galego
Circulares e Documentos
Grupos Lestonnac
Asociación de Nais e Pais de Alumnos
ENDL
 
 
Obxectivo Xeral do Plano Anual

O Colexio establece ao inicio do ano escolar un obxectivo xeral de curso, que será o fío conductor da Acción Titorial e as celebracións e proxectos a realizar ao longo do curso.


OBXECTIVO XERAL para o curso 2009/2010:

“CAMIÑAR XUNTOS NO PROXECTO COMÚN: SER PERSOA"
e secuénciase e adáptase nas distintas etapas do seguinte xeito:


EDUCACIÓN INFANTIL
 
“ AXUDAR AOS NENOS E NENAS A MEDRAR COMO PERSOAS FELICES"
 

1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Os nosos obxectivos básicos de ciclo son:

  • Buscar a autonomía persoal.
  • Afianzar a confianza en si mesmos, para ir construíndo a súa autoestima.
  • Respectar aos demais e a si mesmos.
  • Facerse responsables do seu comportamento dentro do centro.

2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Procedementos:
  • Acadar unha boa convivencia entre toda a comunidade educativa.
  • Implicarnos coas familias para asumir conxuntamente a terefa educativa.
  • Coñecer, respectar e aceptar as novas configuracións familiares
  • Potenciar a autoestima, o  crecemento do positivo e a integración no grupo.
  • Acoller a  diversidade e responder a cada persoa na  súa  orixinalidade
  • Buscar solucións á situacións conflictivas a través do diálogo, sendo capaces de canalizar os distintos estados emocionais.
  • Crear situacións de aprendizaxe para acadar valores de respecto a nos mesmos e aos demais.
  • Crear marcos de referencia dende os que orientar o comportamento, a responsabilidade e o esforzo
  • Valorar a cada persoa, cada cultura, para vivir as diferencias coma unha riqueza, poñendo as bases para unha boa relación entre as persoas.
  • Intentar que a nosa tarefa educativa sexa personalizada e competencial, que potencie o desenvolvemento da interioridade, das capacidades-habilidades e estimule a formación dun pensamento reflexivo, crítico e creativo.
  • Recoñecer e afrontar as consecuencias das propias accións.
  • Favorecer o crecemento na fe, dando a coñecer o proxecto de Xesús.
  • Seguir incorporando as novas tecnoloxías á nosa vida educativa.

3º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

Procedementos:

  • Fomento dos valores que nos axudan a ser “libres” coma “persoas”.
  • Reflexión do que entendemos por ser “PERSOAS”.
  • Valoración do traballo compartido.
  • Uso do diálogo como instrumento de entendemento.
  • Aceptación dos “diferentes”, porque todos somos igual de importantes, sen ter en conta: sexo, raza, lugar de nacemento, crenza relixiosa, minusvalías físicas ou psíquicas.
  • Coñecemento dos Dereitos Humanos: os dereitos son de “TODOS”. Saber cales son os dereitos que se recoñecen aos nenos e ás nenas, así coma as causas de que non se respecten.  
  • Tomar conciencia do significado de que TODAS AS PERSOAS teñen dereito a VIVIR DIGNAMENTE.
  • Valoración do traballo de Organización sociais, e persoas en favor dos máis desfavorecidos.


Noticias
Usuarios
Nombre de usuario

Contraseña

Recordarme
Olvidó su contraseña?