Que son?
Un lugar onde poder divertirse e, ao mesmo tempo, atopar outro modo de ver a realidade que nos rodea.
Cales son os membros deste grupo?
Todos os rapaces e rapazas que queiran apuntarse que cursen de 5º de Ed. Primaria a 4º de ESO, e as monitoras dos grupos.
Como fago para apuntarme?
Existe unha ficha de inscrición que teñen as monitoras. A principios de curso faise unha convocatoria.
Ademais tedes que paagr unha cuota de 5 € para os gastos de materiais que precisemos.
Cando se reúnen os grupos?
Os grupos reúnense unha vez cada quince días, en horario de 15:00 a 15:50 h. Sempre aproveitando que teñades que vir ao cole pola tarde.
Xeralmente, os grupos de primaria reúnense un día á semana e os de secundaria outro diferente.
Que se fai nos grupos?
Falamos sobre as cousas importantes para as nosas idades e pensamos en que é o mellor para todos e todas.
Ademais colaboramos co centro na organización de diferentes campañas de sensibilización (Campaña de Nadal, Santa Xoana...).
Hai algo máis?
Ademais de xuntarnos cada quince días no centro, todos os anos hai unha convivencia dun día co resto de grupos dos demais coles de Galicia.
Por se isto fora pouco, a finais de curso hai unha convivencia de tres días para os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Ed. Primaria, e un campamento de cinco días para os rapaces/as da ESO.
Alí coñeceredes a moitos rapaces e rapazas das vosas idades.
Podo ir cando me apeteza?
Non, ao igual que co resto das cousas importantes na vida hai que comprometerse a cumprir o que decidimos facer.
Se non vindes aos grupos quincenais, os teus pais terán que xustificarcho. Con máis de tres ausencias sen xustificar non poderás ir de convivencia ese curso.
Se aínda tedes algunha dúbida máis, podesde contactar no colexio coas profesoras Ángela Baquiero Estévez, Manuela Bargo Nieto, Mª Isabel Porta Martín, Macarena García Vicente, Ana Guitián Cachafeiro, Mª Luisa Oubiña Lodeiro e Mª del Mar García López, que son as monitoras dos grupos.