|
LIBROS DE TEXTO - 3º e 4º ED. PRIMARIA - E.S.O. |
A aprobación do decreto do 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia supón modificacións nas linguas nas que se viñan impartindo determinadas materias, e traerá como consecuencia cambios nos libros de texto de todas as etapas, incluídos os cursos nos que está vixente o préstamo: 3º e 4º de Ed. Primaria 1º, 2º, 3º e 4º E.S.O.
Segundo información enviada pola Dirección Xeral de Centros (10 de xuño de 2010):
- Os libros de texto de 3º e 4º Ed. Primaria e E.S.O. que non precisen ser cambiados por non estar afectados polo Decreto do plurilingüismo continuarán incluídos no modelo de préstamo.
Os libros de texto de 3º e 4º Ed. Primaria e E.S.O. afectados polo Decreto do plurilingüismo non poden seguir incluídos no modelo de préstamo, polo que se publicará unha orde de axuda para a adquisición de dito material similar á orde indicada anteriormente para 1º, 2º, 5º e 6º Ed. Primaria. Comunicarémosvos a correspondente información unha vez se publiquen as novas ordes.
|