|
Regras e acordos de convivencia |
|
Un dos rasgos de maior transcendencia do Proxecto Educativo da Compañía de María o constitúe o entendemento da estreita relación que debe existir entre a experiencia de aprendizaxe e o ambiente socio – emocional no que ten lugar. É difícil aprender nun ambiente que non comunica seguridade, respecto, consistencia e apoio. Son estas condicións as que nos permiten indagar, experimentar, tomar decisións, interactuar con outros de maneira que resulten significativas para aprender.
O ideal de colexio que nos propoñemos é aquel no que exista un bo clima de convivencia, no que todos nos sintamos persoas, antes que alumnos/as, profesores,…e no que primen a palabra e o diálogo como forma de solucionar os conflictos.
Sabemos, sen embargo, que nunha comunidade tan numerosa como a nosa iso non é posible por simple boa vontade de todos e que é preciso elaborar, coñecer e aplicar unhas “regras de xogo”.
Con carácter xeral, todos os centros educativos estaremos ó disposto no Real Decreto 732/1995, de 5 de Maio (BOE do 2 de Xuño de 1995), polo que se establecen os dereitos e deberes dos alumnos e as normas de convivencia. Igualmente, o Regulamento de Réxime Interior do centro (aprobado en Consello Escolar) regula con máis detalle as directrices que nos deben servir para facer fronte ó día a día dos problemas máis habituais: faltas de asistencia a clase, faltas ó respecto e á integridade física e psicolóxica dos compoñentes da Comunidade Educativa, comportamentos inadecuados e o mal uso dos bens e instalacións do centro.
|