|
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS
O seu principal obxectivo e colaborar nas actividades educativas do Colexio, ademais de promover a participación dos pais na xestión do Centro e potenciar a realización de actividades de orientación e formación dos pais. O traballo que realiza, fundamentalmente a través da Xunta Directiva, vai encamiñado a colaborar no bo funcionamento do Centro, mediante a participación nos órganos de xestión e no desenvolvemento de actividades para alumnos e pais.
Colabórase directamente na organización de servicios e preparación e desenvolvemento de actividades complementarias:
- Servicio de atención ás familias.
- En Festas e Celebracións (Santa Xoana, Nadal,…).
- Certame Literario.
- Saídas.
- Club Deportivo.
- Escola de pais.
- Cursiños de formación para pais e para alumnos: Informática, Primeiros Auxilios, etc.
Destacamos entre os nosos obxectivos: - Promover a participación dos pais na xestión do Centro.
- Colaborar na actividade educativa.
- Potenciar a realización de actividades de orientación e formación dos pais.
- Asistir ós pais no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do Colexio.
- Asistir ós pais en todo aquilo concernente á educación dos fillos.
XORNADAS DE FORMACIÓN DE NAIS E PAIS É un espacio de diálogo e formación para pais e nais, no que se pretende conseguir unha maior implicación e éxito na súa tarefa de educadores, axudando a proxectar e xerar expectativas educativos sobre os fillos/as. Ofertar coñecementos que poidan ser aplicables nos diferentes momentos da evolución dos fillos como persoas.
|