|
Na Universidade de Vigo ven funcionando o primeiro tradutor en
liña galego-español-galego, totalmente de balde e sen límite á
lonxitude.
Acepta como formatos de entrada(extensións) o TXT, o RTF e o HTML, esto é, cando grabamos por exemplo un ficheiro chamado proba en Microsoft Word éste automaticamente gárdanos o ficheiro como proba.doc, co cal temos extensión .doc, pero a nós para traducir non nos interesa gardalo coa extensión .doc senón coa extensión .rtf (proba.rtf) e facémolo do seguinte xeito: 1º. Abrir o ficheiro para traducir, no exemplo sería proba.doc, co programa Word. 2º.Unha vez vexamo-lo ficheiro na pantalla imos ao Menú Archivo (arriba de todo a esquerda), pulsamos unha vez co botón esquerdo en Archivo e vemos un menú. 3º. Dese menú eleximos a opción Guardar como pulsando unha vez co botón esquerdo. 4º. A continuación veremos unha opción Guardar como tipo e alí escollemos (pulsando na frecha): Formato RTF (*.rtf)
Unha
vez gardado co formato .rtf abrimos (dobre clic co botón esquerdo do
rato) un navegador de Internet, por exemplo o Internet Explorer e
diriximonos á paxina web, escribindo na barra onde pon Dirección o seguinte: http://sli.uvigo.es/tradutor/ Pulsamos en Ir e apareceranos na pantalla a páxina do programa tradutor. Unha vez que vexamo-la páxina diriximonos a sección Tradución de ficheiros (abaixo de Tradución de texto) e eleximos: Dirección de Tradución: Español-Galego Tipo de documento: RTF Nome do documento: Clickeamos(1 clic co botón esquerdo do rato) en Examinar e indicamo-la ruta do noso ficheiro RTF. Logo damos 1 clic en Traducir co cal traduciranos o ficheiro (esperar un pouco a que o ficheiro traducido apareza na pantalla) que si queremos podemos gardar no ordenador (coa extensión que nos queiramos .doc, .rtf ...), ou ben directamente podemolo imprimir. O tradutor permite tamén traducir páxinas en tempo real, pasándolles o enderezo.
|